ESTE É O MEU FILLO

ESTE É O MEU FILLO(118 minutos)Linguas: Gallego
21 €

Ó longo do vídeo van falando en primeira persoa algúns personaxes do Novo Testamento e un dos nosos días, que, cunha linguaxe actual e sinxela na medida do posible, tratan de transmitir os principais contidos dos evanxeos, base da nosa fe en Xesucristo e no Deus que El nos veu revelar. A alocución de cada un dos personaxes vai acompañada de imaxes, especialmente de obras de grandes pintores, que ilustran a súa palabra, enriquecen o vídeo, e poden facelo máis ameno. O libro que acompaña á cinta de vídeo ofrece tamén os textos dos personaxes que van aparecendo, outras citas evanxélicas de interese para maior profundización nos evanxeos, sínteses e esquemas de contidos e algunhas pautas de utilización do vídeo.

Prezo: 21,00 €
Agotado