OURENSE: LA CIUDAD DEL ORO

OURENSE: LA CIUDAD DEL ORO(43 minutos)Linguas: Castellano
0 €

Na marxe esquerda do Miño, arredor das Burgas, naceu AURIA, a cidade do Ouro. Mansión primeiro e cidade romana despois, Corte dun Rei suevo, OURENSE é hoxe cidade de máis de 100.000 habitantes, a maior da Galicia interior, que logrou a conxunción perfecta entre o peso da historia e a vitalidade dos tempos finais do século XX. A estrofa popular afirma que “ Tres cosas hay en Ourense, que no las hay en España: El Santo Cristo, el Puente y la Burga Hirviendo el agua”. No noso percorrido contemplamos todo o singular que Ourense ofrece; a Ourense de onte e a de hoxe; a que mereceu o título da Atenas de Galicia, a que foi e é capital das terras de ouro.

Prezo: 0,00 €