Vídeos

COMPOSTELA, CAPITAL DE OCCIDENTE(58 minutos)Linguas: Castellano, Inglés, Italiano
15 €

Ofrecémoslle a maxestade, a historia, a maxia da Cidade de Santiago. Un percorrido de 60 minutos pola Capital de Occidente, co asombro dun peregrino medieval, contaxiados de máis de 10 séculos de fe e sacrificio, desfrutando da contemplación da cidade monumento, meta final do grande camiño dos critiáns. CATEDRAL, RAXOI, SAN PAIO, SAN MARTIÑO PINARIO, HOSTAL, FONSECA, BONAVAL, BELVIS, MAZARELOS...

15,00 €
HISTORIA DA LINGUA CONTADA ÓS NENOS(20 minutos)Linguas: Gallego
12 €

Tendo como soporte básico a fermosa HISTORIA DA LINGUA de Darío Xohan Cabana, cantada por Xosé Luís Rivas Cruz (Mini) e o grupo A Quenlla, Paco Martín conta a un neno (a tódolos nenos) a historia desta fala que gozamos. Esta HISTORIA DA LINGUA CONTADA ÓS NENOS, é unha invitación para todos –nenos ou non- a coñecer o pasado glorioso dunha lingua que xa hai oito séculos era a máis poética e fermosa da Península Ibérica.

12,00 €
Agotado
NA PERCURA DO SANTO GRIAL / SAN ANDRÉS DE TEIXIDO(34 minutos)Linguas: Gallego
9 €

Gárdase en O Cebreiro un caliz singular, o do miragre de “cerca de los años mil y trescientos”, no que moitos quixeron e queren ver o Santo Grial, a sagra copa na que Cristo instituíu a Eucarístia na Última Cea, e que logo empregou Xosé de Arimatea para recoller o sangue do Crucificado no Gólgota. Seguindo a tradición, a igrexa-mosteiro sería o castelo infranqueable dos gardadores do Grial... E o caliz que figura nos escudos de Lugo e de Galicia faría desta terra o País de Parsifal; a terra do Santo Grial.

9,00 €
Agotado
FEIRA DE SANTOS EN MONTERROSO / O CAPÓN DE VILALBA(34 minutos)Linguas: Gallego
0 €

FEIRA DE SANTOS DE MONTERROSO

Reportaxe sobre unha das máis importantes feiras de Galicia, con orixe aló polo ano 1450, que reflexa o espíritu das vellas feiras que nunca han morrer porque souberon adaptarse ó que os novos tempos esixen. É un reencontro coa Galicia esquecida, que -sen querelo ou sen sabelo- levamos todos dentro de nós.

 

O CAPÓN DE VILALBA

Recolle o proceso de selección, cría e sacrificio dos capós da capital da Terra Chá, que teñen festa e feira no mes de Decembro.

0,00 €
Agotado
VILA DE VIVEIRO ALEGRE(47 minutos)Linguas: Gallego
12 €

A mediados de Agosto, cada ano, o folklore do mundo ten unha cita en Viveiro, na MOSTRA FLOKLÓRICA INTERNACIONAL, que organiza BÁGOAS DA TERRA. Presentamos un resumen deste folklore, con actuacións de grupos de YUGOSLAVIA, PORTUGAL, ITALIA, CONGO, ARAGÓN E ANDALUCÍA, e BÁGOAS DA TERA, de Viveiro.

12,00 €
Agotado
PORTOMARÍN, VELLO CAMIÑO(37 minutos)Linguas: Gallego
0 €

O Miño deu lugar ó nacemento do primeiro Portomarín. Por aquí cruzábase o grande río. E as dúas ribeiras coñeceron a xente apegada ó río e ás súas augas, que tiñan na súa ponte algo máis ca un simple instrumento para pasar dunha a outra beira. Era a súa razón de ser. E desde hai mil anos, a vila aparece mencionada, en tódolos itinerarios a Compostela, como PONS MINEI, PORTO MARINO, PONTE MARINE, PONTEM MARINUM ou PORTO MARIN.

0,00 €
Agotado
O IRLANDÉS ASTRÓLOGO(64 minutos)Linguas: Gallego
15 €

Escenificada pola Asociación cultural “ACHÁDEGO” . Luis Seoane situa a acción de O IRLANDÉS ASTRÓLGO na Compostela do primeiro tercio do século XVII. Patricio Sinot, irlandés desterrado, profesor de Retórica da Universidade compostelana, é condenado pola Inquisición por ler nos astros e estudiar ciencias ocultas. A obra veu a luz en 1959 en Buenos Aires, 35 anos despois, represéntase por primeira vez.

15,00 €
Agotado
XOSÉ MARÍA DÍAZ CASTRO(29 minutos)Linguas: Gallego
9 €

Un só libro -NIMBOS- publicado en 1961 consagrou a XOSÉ MARÍA DÍAZ CASTRO como grande poeta. Ninguén coma el soubo explicar a historia deste País nun só poema, PENÉLOPE: Un paso adiante i outro atrás, Galiza, i a tea dos teus soños non se move. A esperanza nos teus ollos se esperguiza. Aran os bois e chove. Recorremos con XOSÉ MARÍA DÍAZ CASTRO a súa xeografía vital (Os Vilares de Parga, Betanzos, Mondoñedo, Guitiriz…), escoitamos na súa voz os máis sobranceiros dos seus poemas, e achegamos a súa altísima calidade humana ferida -como a súa poesía- pola sede de luz.

9,00 €
Agotado
XOSÉ MARÍA PÉREZ PARALLÉ(30 minutos)Linguas: Gallego
9 €

O último segrel de Galicia foi XOSÉ MARÍA PÉREZ PARALLÉ, o poeta do Penedo de Barallobre - Fene, ó que Otero Pedrayo chamou o POETA AZUL DO FERROL, MESTRE DO PERFUME ATLÁNTICO. Adicou toda a súa vida ó ensino, a Galicia e á Poesía. 4 libros, milleiros de versos, infinidade de amigos e unha garimosa lembranza de tódolos que o coñeceron é a súa herdanza. O último segrel da nosa tera fóisenos a comenzo do mes de Santos do ano 1987. Pero quédanos a súa voz.

9,00 €
Agotado
MEMORIA DE ROSAS: A RUTA DE ROSALÍA DE CASTRO(56 minutos)Linguas: Gallego
12 €

A ruta de Rosalía de Castro permite seguir o itinerario vital da xenial Cantora, desde o lugar do seu nacemento ata o Panteón onde repousan os seus restos, con especial incidencia na Casa-Museo de Padrón. Cinco rapaces recorren esta RUTA, tentando descubri-la súa mensaxe, reencontrarse coa Rosalía intemporal, vixente sempre. Na viaxe descubren que a RUTA garda -como Rosalía quixo- unha fermosísima e recendente MEMORIA DE ROSAS.

12,00 €
Agotado
Syndicate content