Camiño Ingles a Compostela

Camiño Ingles a CompostelaLanguages: Castellano, Gallego
0 €

A partir do século XII comezan as peregrinacións a Compostela desde os países nórdicos e as Illas Británicas, sendo a primeira da que se ten noticia no ano 1147, coa chegada dunha escuadra de cruzados que ían a Terra Santa.

 

Esta expedición tomou parte na conquista de Lisboa, axudando ao primeiro rei de Portugal na súa loita contra os árabes. Antes de tomar parte na batalla, os expedicionarios visitaron a tumba do Apóstolo en Compostela. Entraba así na historia o "Camiño Inglés" á Capital de Occidente.

 

Son Ferrol e A Coruña, pola súa excepcional importancia estratéxica, os portos que se consideran entradas do chamado Camiño Inglés. Desde A Coruña a Santiago o camiño ten un percorrido de 74 quilómetros. Desde Ferrol, 118.

 

Facemos o Camiño Inglés, vendo o que viron os peregrinos, contemplando as pegadas do traballo dos homes que os séculos respectaron para que quen contemple estas pedras da historia poida sentir tamén o asombro do viaxeiro ante a beleza da nosa ruta.

 

EN PREPARACIÓN

Price: 0,00 €
Agotado